Entrevista a Marcos Martínez
Quedamos unha fría mañá de sábado nas instalacións de Vista Alegre. Afortunadamente, o sol fai a presenza necesaria para que esta charla discorra nunha temperatura onde, polo menos, as bocas non treman. Non hai moito que Marcos Martinez (Madalena, 1971) colleu as rendas do clube trala dimisión de Changui, pero eu lembro perfectamente como lucía o brazalete de capitán defendendo a camiseta do Boiro no Municipal, e él asegura lembrar perfectamente como aqueles novísimos primeiros Krusadas batíamos nas chapas de publicidade trala meta do porteiro rival para desquicialo ou ben deixalo xordo. Non foron aqueles os nosos mellores momentos de fair play, as cousas como son. Comezamos a charlar camiñando pola herba artificial. Vou directo, non hai tempo que perder: KB: Fostes dos presidentes máis cautos con diferencia no que a comezar a tempada se refire, de feito a maioría de nós non contabamos con comezar ata agosto... MM: Si, pero máis que nada por pura concie...