Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

Entrevista a Borja Outeiral

Borja Outeiral (Boiro 1987) chega con puntualidade inglesa á nosa cita. Tras un saudo deses da nova normalidade e co seu sorriso habitual, senta enfronte de min. Hoxe entrevistamos ó Kaiser de Barraña. O noso primeiro capitán. Nin Messi, nin Salah; nin Cano, nin Caridad... KB: Empezamos a modo para ir quecendo. ¿Sensacións para esta campaña? BO: As sensacións son raras, aínda está todo moi no aire. Polo visto a liga pode comezar en Outubro, polo tanto xa vai a ser moi atípica polo tempo que imos a estar parados. En tódolos anos que levo xogando vai ser a primeira vez que estea sete ou oito meses sen competir. Fisicamente vas a estar ben, porque o míster xa nos ten a traballar en diversas áreas, pero falta esa sensación de balón esencial… KB: ¿Outubro? ¿Nin tan sequera Setembro? BO: O que é o inicio de Liga semella que será así, ou sexa que a pre tempada comezará aproximadamente a finais de Agosto. Así que eso de pisar o céspede e traballar en equipo co...

Entrevista a Crístian Pérez

 Entrevista a Crístian Pérez Sentamos un frente a outro mantendo a distancia de seguridade. Cristian Pérez (Boiro, 1984), profesor de educación física e flamante novo adestrador do CD Boiro, olla para min entre divertido e algo desconfiado. Xa hai tempo que nos coñecemos e departimos sobre o noso equipo, equipo no que xogou no fútbol base e que agora dirixirá nesta surrelista tempada que se aproxima. Antes de nada agradézolle que se sente comigo, como sempre fixo en modo informal, para inaugurar este blog. Cun ademán e un novo sorriso réstalle importancia. Crístian é un home reservado e discreto, pero moi sincero cando se senta a falar. Poño o teléfono entre ambos coma nos interrogatorios das películas. Pero isto non é un tercer grado. KB: Antes de nada, parabéns polo novo cargo ¿Que sintes agora que o equipo está nas túas mans? CP: Sinto moito agradecemento hacia a directiva por confiarme este proxecto tan ambicioso. Sempre mostraron unha grande confianza no meu t...