Entrevista a Crístian Pérez

 Entrevista a Crístian Pérez

Sentamos un frente a outro mantendo a distancia de seguridade. Cristian Pérez (Boiro, 1984), profesor de educación física e flamante novo adestrador do CD Boiro, olla para min entre divertido e algo desconfiado. Xa hai tempo que nos coñecemos e departimos sobre o noso equipo, equipo no que xogou no fútbol base e que agora dirixirá nesta surrelista tempada que se aproxima. Antes de nada agradézolle que se sente comigo, como sempre fixo en modo informal, para inaugurar este blog. Cun ademán e un novo sorriso réstalle importancia. Crístian é un home reservado e discreto, pero moi sincero cando se senta a falar. Poño o teléfono entre ambos coma nos interrogatorios das películas. Pero isto non é un tercer grado.

KB: Antes de nada, parabéns polo novo cargo ¿Que sintes agora que o equipo está nas túas mans?

CP: Sinto moito agradecemento hacia a directiva por confiarme este proxecto tan ambicioso. Sempre mostraron unha grande confianza no meu traballo e no meu criterio dende o primeiro momento. Cando Changui me falou da posibilidade que existía de coller o timón do equipo, eu dixenlle que non había nada máis que falar. Era unha ilusión que tiña dende que son adestrador. Aínda que debo decir que o primeiro clube que confiou no meu traballo e ao que lle teño un enorme cariño e o Puebla. Adestrei a este equipo en multitude de categorías ata que subimos a Preferente. Despois fun adestrador do primeiro equipo do Unión, pero dende o momento en que collín o primeiro equipo alevín da miña vida, so tiven un camiño marcado no meu horizonte profesional: adestrar ó primeiro equipo do CD Boiro. Dende o primeiro minuto no que comecei a formarme, tiven esa idea na cabeza. De feito, intentei presentarlle un proxecto de futuro á anterior directiva que desestimaron. Agora, gracias a directiva actual, cheguei a facer realidade o que levo soñando tanto tempo. Tiña tantas ganas que estamos a traballar xa, tanto eu coma Jonny (o novo preparador físico do equipo) con varios xogadores.

KB: A pesar de non saber con certeza en que categoría xogaremos, estase a formar un proxecto ilusionante: as renovacións que se están a firmar, as novas fichaxes… a maioría de nós pensamos que xogaremos en Preferente, se isto e así ¿que obxetivo te propós?

CP: Eu son de natural ganador e, evidentemente, preparo os 38 partidos para gañalos todos. Se isto é asi ¿cal vai a ser o meu obxectivo? (sorrí) Quedar campeón é o meu obxectivo persoal pero por suposto, como adestrador do Boiro, se saimos en Preferente será procurar o ascenso e, de sair en terceira, tentar conservar a categoría.

KB: Fálanos da túa forma de entender o fútbol. Comprendemos que un adestrador adáptase e estuda a cada rival pero ¿Que sistema che agrada máis no campo? ¿Que modelo de xogo aprecias máis?

CP: (Cala un par de segundos namentres olla os posos do café como se quixera ler o futuro) É unha pregunta complexa. Os sistemas varían moito ó longo dun partido. A min gústame un 4-3-3, pero de ningún xeito me podo encasillar con rixidez neste esquema. Imaxina que precisamos que suban os laterais, o sistema xa muda, polo tanto non me identifico cun plantexamento ríxido, Todo depende do que me dan os xogadores, o perfil que teñan e o rendemento que nos estén a dar, o que eu crea que me poden ofrecer a maiores… En canto ó modelo de xogo: o estilo que me gusta será o que nos dea a victoria, así ten que ser (sorrí de novo). Evidentemente aprecio levar o tempo do partido, e o que sí me gusta e dominar ó adversario por medio do xogo combinativo e, a maiores, unha gran intensidade nas transicións para poder contraatacar ó rival. Tamén me apaixoa o traballo das accións a balón parado, dende diferentes estilos de ensino, para que así o aprendizaxe sexa significativo. Por descontado, aprecio dominar o balón e, sobre todo, para min algo extremadamente importante e conectar coa bancada. Que os seareiros que baixen a Barraña disfruten do que facemos e saian do campo coa sensación de que o equipo da todo o que ten. A fin de contas o fútbol non deixa de ser un espectáculo, aínda que sexa deportivo, e quen paga o carné ou a entrada ten que sentirse identificado co seu equipo. (Agora o que sorrí son eu, porque esto último o entendín á perfección)

KB: Imos a poñer algunhas cartas sobre a mesa ¿Cal vai a ser o papel do Abanqueiro contigo como adestrador?

CP: O obxetivo do clube é contar coa xente da casa, que os rapaces das escolas vaian medrando e formándose futbolísticamente ata chegar ó Abanqueiro e que, se o traballo e óptimo e se así o desexan, a partir de ahí podan contar para o primeiro equipo do Boiro. Moitos dos chavales do Abanqueiro van a facer a pretempada con nós e ó longo da tempada moitos deles van vir a entrenar co primeiro equipo. Como sabedes, Cardeñosa un dos referentes do primeiro equipo, é o adestrador do Abanqueiro; eso permítenos estar en contacto permanente para comprobar a evolución dos xogadores. Eu confío plenamente neles, A min no me vale eso de “este rapaz non vale para tal categoría”, bueno eso xa o veremos, porque o nivel motivacional destes mozos cando saltan a Barraña aumenta nun 300%. Pode haber moitísimas sorpresas agradables. Eu confío no Abanqueiro como o futuro, pero tampouco vou a facer agasallos a ninguén, teñen que ganalo eles no campo e nos adestramentos...

KB: Chegado o caso ¿Alinearías a cinco ou seis “xuves” no primeiro equipo?

CP: ¿Si dan o nivel? Por suposto. O meu obxetivo é acadar a victoria. Se os xuveniles me poden facer gañar partidos, non me vai a tremer a man.

KB: Cambiamos de tema. Está claro que a Covid vai a facer moito dano na formación de plantillas. Vanse a dar problemas presupuestarios (máis aínda) en moitos equipos ¿Como agardas a próxima tempada?

CP: A tempada e unha total incognita. Non sabemos nin cando empeza, nin cando acaba, nin os equipos que haberá, nin se haberá grupo Norte e Sur, ou se habera un grupo unificado. Como ti dis, tampouco está claro como estarán os orzamentos dos equipos. Sei que o Arteixo esta a armar un bo equipo, pero a día de hoxe os demais non me preocupan. Estou moi contento co equipo que se está a formar e moi contento coas categorías inferiores. Teño mimbres de sobra para formar un equipo extremadamente competitivo.

KB: Efectivamente temos moitas renovacións moi importantes. Sumemos o retorno de Jon e Felipe, as fichaxes de Benogo, Yago e a de Juan, o primeiro Krusadas que vestirá a elástica. Sabemos que faltan algunhas sorpresas ¿Algo que desvelar?

CP: Deso mellor que se encargue o clube, eu encargareime da dirección do equipo. Esta claro que estamos pendentes dalgunha nova máis, tanto renovación coma fichaxes, pero eso non me corresponde a min. Seguro que non tardaremos en ter algunha nova máis.

KB: Imos rematando, que xa che roubamos tempo abondo. ¿Un desexo para esta tempada?

CP: ¿Un desexo? (pensa un anaco, e o fai de verdade) Ascender en Barraña o último partido de liga.

KB: Xa, claro. Para que infartemos todos…

CP: Estiven a punto de vivilo cando adestraba no Puebla, contra o Villesto. Mil personas vendo un partido… cando normalmente hai cen. Non é sinxelo xestionar iso emocionalmente, gustaríame voltar a vivilo.

KB: Pero agora en Barraña estás afeito a ter ambiente sempre na bancada.

CP: Non como primeiro adestrador, pero sí.

KB: ¿Influe positivamente a afección do Boiro para que os xogadores que están aquí queden, e os que se queren fichar se decidan?

CP: Evidentemente todo o que aporta Barraña, e o que aportades vos en particular, suma moitísimos puntos nas decisións dos xogadores á hora de vir ou quedarse. Estamos a ver que o fútbol sen público perde moitísimo sentido, e ter a sorte de ter esta afección nesta categoría é algo pouco usual. Ogallá con este equipo podamos encher o Municipal todos os domingos.

KB: Ogallá, e durante moitos anos.


Despedímonos chocando cóbados, Ogallá Cristian teña moita sorte nesta andaina. Primeiro porque a merece. Segundo, porque sente ó equipo como propio. E terceiro porque a súa sorte será a nosa.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Entrevista a Marcos Martínez

Entrevista a Borja Outeiral